Movistar permite contratar Xbox Game Pass Ultimate

luns, 2 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Microsoft e Movistar pechar un acordo estratéxico para que o operador de telecomunicacións poida ofrecer aos seus clientes o servizo de subscrición Xbox Game Pass Ultimate de xeito que ao contratar este servizo a través de Movistar por 12,99 euros/mes os clientes de Fusión ou de Contrato Solo Móvil beneficiaranse de 20 GB de datos adicionais na liña móbil de Movistar que o usuario decida, sen permanencia. Este servizo de subscrición permite gozar dun mes de proba de balde.
Lembremos que o servizo Xbox Game Pass Ultimate ofrece un catálogo de máis dun cento de xogos que poden gozarse en consolas Xbox e en PC de xeito nativo, así como a través da nube en teléfonos e tabletas, reforzándose os últimos meses este servizo grazas á inclusión tamén de EA Play (que ofrece bastantes títulos de Electronic Arts) así como da compra de Bethesda por parte de Microsoft (de xeito que os títulos deste estudio pasan a recibir o mesmo tratamento que os de Microsoft Studios, ou sexa, que están dispoñibles dende o seu lanzamento a través de Game Pass).

PUBLICIDADE