Mr Misto e a AGA proxectarán en toda Galiza pezas finalistas dos Mestre Mateo, que se entregan o 9 de maio
venres, 20 de abril do 2007
A gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 06 celebrarase o vindeiro 9 de maio na coruña, no Colón Caixa Galicia ás 21.30 e contará en labores de presentación cun lendario dúo humorÃstico: o formado por Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris). A cerimonia de peche desta edición, que é a que máis candidaturas recibiu na súa historia (125 traballos e 63 produtoras), tamén contará coa presenza de artistas como LuÃs Tosar, Paula Carballeira, Isabel Risco ou Xosé Luis Bernal (Farruco). A gala de entrega, organizada pola Academia Galega do Audiovisual (que a presentou este venres en Santiago, na imaxe), servirá para dar a coñecer os nomes dos premiados coas 25 estatuÃñas, logo dun itinerario que achegará ó público galego unha boa parte das obras finalistas.
Esta é, precisamente, unha das grandes novidades deste ano nos Mestre Mateo: a inminente posta en marcha dun CircuÃto de promoción e proxección da meirande parte das pezas audiovisuais que chegan á gala final.
Este CircuÃto, coordinado pola distribuidora Mr Misto Films, recibe o nome de Semana do Audiovisual Galego e trazará un itinerario simultáneo por boa parte do mapa galego: as cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e as vilas pontevedresas de A Guarda, LalÃn, O Grove, Tui, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa e Vilaxoán de Arousa; as ourensáns de Allariz, A Pontenova, A Rúa, O Barco de Valdeorras e Xinzo de Limia; as coruñesas de As Pontes de GarcÃa RodrÃguez e Culleredo; as luguesas de Burela e Monforte de Lemos. O CircuÃto será inaugurado o primeiro dÃa de proxeccións, o 30 de abril, pola presidenta da A.G.A., a actriz MarÃa Bouzas.
