Mundo.es publica unha selección do mellor da blogosfera
venres, 19 de setembro do 2008
A incubadora de negocio Boom Business
vén de estrear a web Mundo.es, que é un agregador de novas tomadas de blogs,
presentando a información cun formato moi semellante ao dun xornal dixital, e
estando os contidos administrados por persoas que escollen o que consideran
máis interesante da blogosfera (aÃnda que na
fin de semana serán os lectores os que definirán a súa portada mediante
votacións).
As entradas neste novo espazo repártense en varias categorÃas (TecnoloxÃa,
EconomÃa, Negocios, Internet, Sociedade, Deportes, Lecer e Opinión) e a intención de Mundo.es é facer máis doada a
vida aos usuarios que non son quen de atender o centos de novas
publicadas nos blogs que seguen a través de RSS, de xeito que a labor de
filtrado da información a deixan nas mans dos administradores, o que supón un
aforro de tempo considerable.
Queda por ver agora se o Grupo Unidad Editorial (ao que pertence a publicación El Mundo) non toma medidas contra
este novo medio, posto que a posibilidade de confundir o enderezo da web do
agregador de blogs coa cabeceira xornalistica dirixida por Pedro J. RamÃrez
resulta evidente.