My PlayStation facilita a xestión das contas de usuario da PSN
mércores, 21 de febreiro do 2018
Para facilitar a xestión das contas de usuario de
PlayStation cando non se teña a PlayStation 4 diante lanzouse hoxe My PlayStation, un novo destino social
na web que funciona en ordenadores, móbiles e tabletas e que permite localizar
a amigos, editar o perfil, mirar os trofeos propios e dos amigos, enviar e
xestionar peticións dos amigos e enviar mensaxes.
My PlayStation está accesible a través da barra de navegación de
playstation.com, aÃnda que tamén é posible acudir directamente a
my.playstation.com. Esta páxina web irá mellorando e incorporando novas
funcionalidades de xeito regular.
