NBA 2K19 chega a móbiles

mércores, 17 de outubro do 2018 Marcus Fernández

O pasado mes de setembro chegou a consolas o xogo de baloncesto NBA 2K19, e agora este importante título conta tamén con versións para iOS e para Android, que sorprende este ano cun modo historia que permite experimentar a traxectoria dalgúns dos equipos e xogadores máis famosos da NBA.
No modo Mi Carrera tamén conta unha nova historia e mellor a interacción co equipo; e en Cara a Cara permítenos xogar partidos rápidos contra outros usuarios en local ou en liña. Tamén conta cunha nova banda sonora con cancións de Travis Scott, entre outros, e cuns controis simplificados para unha maior inmersión e mellor resposta.
Pese a que estamos ante un xogo que custa 8,99 euros, tamén inclúe pagamentos dentro da aplicación que en Android van dos 0,99 aos 49,99 euros (mentres que en iOS chegan aos 54,99 euros).

O xogo experimenta unha mellora gráfica fronte ás anteriores entregas

PUBLICIDADE