NHL 19 e Portal destacan nos Xogos con Gold de xuño

xoves, 30 de maio do 2019 Marcus Fernández

Microsoft vén de anunciar a listaxe de xogos que os subscritores Gold de Xbox LIVE poderán engadir á súa colección no mes de xuño, sendo unha selección bastante discreta, que comeza co xogo deportivo NHL 19 (normalmente á venda por 69,99 euros), que permítenos goza dunha completa e realista experiencia de hóckey na Xbox One, ao que acompañará o xogo indie de loita Rivals of Aether a partires do día 15.
No que se refire aos xogos para Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) en xuño poderemos gozar do grande clásico Portal: Still Alive, marabilla de Valve na que os xogadores teñen que romper as leis da física empregando unha tecnoloxía de creación de portais para resolver quebracabezas e sobrevivir; e o shooter de acción Earth Defense Force 2017 (pertencente a unha serie de títulos de grande éxito no Xapón) pechará o mes.

PUBLICIDADE