Nace Lainformacion.com, un medio con vocación revolucionaria
xoves, 23 de abril do 2009
Despois de moitos
meses de traballo e varias semanas en probas, a pasada noite apareceu
oficialmente na web lainformacion.com, un novo medio en liña
desenvolvido por DixiMedia Digital que mestura a partes iguais máquinas,
xornalistas e usuarios, creando unha plataforma moi dinámica que neste momento
só presenta unha pequena parte do que será no futuro, xa que limÃtase a
publicar información recollida por robots
a partir de máis de 1.800 fontes de información (entre os que hai tanto medios
de comunicación tradicionais coma blogs) consistente nun pequeno extracto que
remite ao medio orixinal, pero co tempo contará con produción propia e
diversidade de formatos (non se limitará a textos e imaxes).
Nestes primeiros pasos, Lainformacion.com está ter certos problemas, e non é
raro atopar con que cargan mal algunhas das súas páxinas (amosando mensaxes de
erro ou incluso código fonte) pero é comprensible nunha plataforma tan nova que
aÃnda está en beta, o que é aÃnda
máis tanxible ao movernos polas súas distintas seccións, pois algunhas informacións
están mal cualificadas ou mesmo repetidas, detalles que poderán pulirse pouco a pouco para crear un
medio de comunicación xeneralista e independente, que poida gañarse un posto
entre outros medios puramente dixitais.
Este proxecto está encabezado por Mario Tascón, que exerce de conselleiro e
editor (e que fundou no seu dÃa a edición dixital de El Mundo e tamén traballou
coma director xeral de Prisacom); mentres que a dirección de lainformacion.com
recae en Vanessa Jiménez.
Chega asà a súa fin o Proyecto
i, de xeito que agora a cabeceira xa ten un nome de seu, que
serán un máis das iniciativas que promove DixiRed, xunto coa Practicopedia e o blog 233grados.
VÃdeo de presentación de Lainformacion.com
