Nace MercadosMunicipais.es como un punto de encontro para os minoristas

xoves, 12 de febreiro do 2009 Raquel Noya

A Empresa Nacional MERCASA, dependente da Sociedade Estatal de Partipacións Industriais (SEPI) e parte integrante da política agroalimentaria do Goberno español, vén de por en marcha a web MercadosMunicipales.es, que nace como “un punto de encontro” de tódolos colectivos, empresas, comerciantes e institucións que actúan en torno aos mercados municipais minoristas.
O portal desenvolveuse coa colaboración do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e está enfocado como un servizo público máis de MERCASA, a través do Programa de Remodelación e Modernización de Mercados Municipais.
En España funcionan, na actualidade, uns 1.000 mercados municipais minoristas e todos eles poden localizarse en MercadosMunicipales.es de xeito rápido e intuitivo.
Asemade, a aplicación permítelle aos usuarios consultar a evolución dos prezos dos alimentos frescos ao longo da cadea comercial, coñecer as recomendacións de consumo máis interesantes en alimentos frescos e de tempada, ou participar nos foros de debate abertos sobre diferentes temas.
Outras seccións de interese nesta páxina son o apartado correspondente ás Unidades Alimentarias da Rede de Mercas, o relativo á Unión Mundial de Mercados Minoristas, as reportaxes que se van a ir incorporando progresivamente sobre mercados do mundo, as entrevistas que irán aparecendo tamén sucesivamente con representantes institucionais ou sectoriais e profesionais de interese para o colectivo dos mercados minoristas municipais.