Nace en Corcubión o primeiro videoblog gastronómico galego
martes, 21 de outubro do 2008

- Rodrigo preparando un dos seus pratos
AÃnda que en
España na Internet predomine o texto e os gráficos, a multimedia vai cobrando
peso paulatinamente, sendo o vÃdeo unha das tendencias que veñen con máis pulo,
e como exemplo temos un novo videoblog
gastronómico sen precedente en Galicia, Por mis fogones,
que é unha produción que nace en Corcubión, onde o seu creador, Rodrigo Varela Tabuyo
(coñecido pola súa labor profesional en Galinus), nos explica cómo facer
certos pratos de cociña paso a paso.
A meirande parte dos vÃdeos corresponden a receitas sacadas dos libros do restaurante londiniense St.
JOHN, e están narrados indistintamente en español e galego. Os clips
veñen acompañados por unha listaxe dos ingredientes necesarios para a
elaboración dos pratos e as instrucións de preparación, completando asà a
información dos propios vÃdeos.
Agardemos que esta iniciativa se manteña no tempo e sirva de exemplo para que
outros autores galegos se anime pola creación de vÃdeo na Internet, xa que os
contidos audiovisuais en galego aÃnda gozan de pouca presenza na Rede.
VÃdeo de presentación de Por mis fogones
