Nace o portal GaliciaXa.tv, con contidos multimedia de diversas entidades galegas
venres, 13 de febreiro do 2009
A ConsellarÃa de Innovación e Industria, a
través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información,
vén de por en funcionamento a web GaliciaXa TV, que recolle dintintas canles con contidos multimedia
relacionados co mundo empresarial e Internet.
A entidade pública confioulle o deseño de
GaliciaXa.tv ao provedor de produtos e servizos LambdaStream, empresa responsable
doutras webs como Touriño.tv ou Mundosdigitales.tv, que empregan o sistema
VoKDA para a distribución dos seus contidos, un potente servidor de
streaming multimedia proporcinado por LambdaStream.
Os usuarios desta plataforma poden visualizar
contidos das canles de GaliciaPMS, Mancomun, Rexistro de Nós, Rede de
Dinamización, Sociedade da Información e Bygalicia, que conteñen entre outras
cousas, entrevistas, eventos, xornadas, anuncios... e todo tipo de material
audiovisual de interese para os internautas interesados na actualidade
tecnolóxica galega.
As devanditas entidades que teñen presenza
neste novo portal, recolleron ao longo dos últimos meses, diverso material
audiovisual que se presenta aberta a través desta webTV nas súas canles
especÃficas.
Entre os contidos que se poden visualizar ata
o de agora os internautas destacan:
Información sobre a Responsabilidade Social Empresarial
As TIC en diferentes sectores empresariais
Memoria de muller
Galinux
Entrevista a Isaac DÃaz Pardo
Entrevista a Elena Colmeiro
Entrevista a Maria Xosé Queizán
Entrevista a Xoán Bouzada Fernández
Entrevista a Antonio Abril. Secretario Xeral de Inditex
Entrevista a Xosé DomÃnguez. Presidente do Clúster do Naval Galego
