Nace un selo para distinguir as aplicacións web desenvolvidas en Galicia

luns, 4 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Para fomentar o desenvolvemento de aplicacións web creadas baixo código propio en Galicia e destacar e identificar as xa existentes, os responsables da plataforma de redes sociais galega Cabozo creou o Código Bravú, selo que quere reivindicar que dende Galicia é posible facer cousas por iniciativa propia con orixinalidade e calidade.
Ao Código Bravú poden acollerse as páxinas web galegas que teñan un código orixinal coma mínimo nun 75% ou que estean baseadas en código de orixe galega, tendo que ser as aplicacións web creadas por persoas ou entidades galegas ou orientadas a usuarios galegos. Tamén buscan que estes desenvolvementos estean redactados en galego, aínda que este característica non sería excluínte para acollerse ao código.

PUBLICIDADE