Naruto chegará a Nintendo Switch en abril
luns, 5 de marzo do 2018
Tras chegar a PlayStation 4, Xbox One e PC o outono pasado Naruto
Shippuden Ultimate Ninja Storm Trilogy, que como vén di o seu nome recolle
as tres primeiras entregas da saga Naruto:
Ultimate Ninja Storm orixinada na anterior xeración de consolas de
videoxogos para revivir a historia de Naruto Uzumaki dende os seus dÃas na
academia ninja ata a 4ª Gran Guerra Ninja, chegará
finalmente a Nintendo Switch.
Esta colección estará dispoñible a partires do vindeiro 26 de abril para Switch,
pero só en formato dixital, incluÃndo a meirande parte dos contidos descargables
dos xogos orixinais e permitindo aos xogadores escoller entre unha grande selección
de personaxes (heroes e viláns) para entrar en combate como Naruto, Sasuke
Uchiha, Pain ou Obito Uchiha.
Queda por ver se Naruto Shippuden:
Ultimate Ninja Storm 4, lanzado para Xbox One, PS4 e PC en 2016, chegará
tamén a Nintendo Switch, xa que esta entrega ten especial interese por ter
recibido unha expansión Road to Boruto,
que continúa a historia máis aló do manga orixinal.
VÃdeo promocional de Naruto Shippuden Ninja Storm Trilogy para Switch
