Naruto terá videoxogo para PS2 en breve
venres, 27 de outubro do 2006
O éxito acadado por Dragonball naceu no manga, seguiu nunha serie de televisión que arrasou globalmente (e que na TVG tamén tivo un éxito sen precedentes) e logo continuou con varios xogos para as distintas consolas do mercado (de xeito que aÃnda están a aparecer tÃtulos para PS2 e PSP pese a que a serie xa rematou hai anos) e na mesma liña parece querer seguir Naruto, serie de animación de recente estrea en España (e que en novembro tamén se poderá ver en aberto), que terá xogo para PS2 no vindeiro mes de novembro.
Naruto: Ultimate Ninja será o novo xogo de loita para PS2 que promete ser todo un éxito este Nadal, e chegará a tempo, pois Atari xa anunciou que remataron o seu
desenvolvemento, polo que os xogadores deste tipo de xogos poderán fregar as súas mans, xa que en breve poderán adquirir o videoxogo que lles permitirá encargar a calquera dos principais personaxes da serie de animación ata un total de 14, que se enfrontarán en combates en distintos modo de xogo (historia, misión, adestramento e combate libre).
O xogo parece bastante completo, con 8 fases de combate, 4 fases extra, movementos especiais, combinacións de golpes para cada personaxes, moitos atrancos interactivos e destrutivos en cada escenario de combate e sempre respectando o aspecto gráfico da serie de animación na que se inspira este Naruto: Ultimate Ninja.
