Need for Speed Payback chega a PC, PS4 e Xbox One

venres, 10 de novembro do 2017 Marcus Fernández

A célebre franquía de condución Need for Speed estrea hoxe un novo título para PC, PlayStation 4 e Xbox One, Need for Speed Payback, unha historia de vinganza e acción sobre rodas, na que un grupo de delincuentes volve xuntarse para rematar unha malvada sociedade secreta que está ao mando dos casinos, os criminais e a policía do val Fortune.
Poderemos participar da acción como Tyler, o piloto; Mac, o showman; e Jess, a especialista, podendo cada un competir en carreiras, completar misións e superar desafíos para gañar o respecto do mundos clandestino e poder así chegar a disputar a carreira definitiva para rematar cos seus adversarios para sempre.
No xogo tamén poderanse personalizar os coches en prestacións e estética, realizar apostas e competir contra os amigos a través do xa habitual Autolog.
En Need for Speed Payback poderemos levar os vehículos de pezas de chatarra a auténticos supervehículos de cinco clases dispoñibles (Carreira, Derrape, Todoterreo, Aceleración e Escape), gozar dunha historia de acción na que non faltarán intensas persecucións policiais e toda unha serie de competicións para subir as aposta, gañar reputación e conseguir chegar ao máis alto nos baixos fondos.

JPEG - 137.6 KB
En Need for Speed Payback non falarán intensas persecucións policiais

Tráiler de lanzamento de Need for Speed Payback

PUBLICIDADE