Need for Speed ProStreet chegará antes de rematar o ano

xoves, 14 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A finais de ano Electronics Arts lanzará unha nova entrega de Need for Speed, que contará coa tecnoloxía Autosculpt para permitir modificacións na aparencia dos vehículos empregados nestas popular saga de xogos de carreiras de coches e mesmo afectarán ó rendemento do automóbil.
Need for Speed ProStreet tamén incorpora un novo sistema de danos que amosará cada rabuño e golpe no vehículo do usuario, o que agradecerán os seguidores máis fieis a esta saga de condución. O novo xogo tamén pretende redefinir o termo de xogo social cun revolucionario modo en liña.
EA lanzará este xogo para Xbox 360, PS3, PS2, PSP, Nintendo Wii e DS, PC e móbiles, podendo xa ver un adianto do mesmo nun espectacular trailer:

PUBLICIDADE