Netflix baixa de prezo en máis dun cento de territorios

xoves, 23 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

JPEG - 91.7 KB
En Malaisia utilizaron imaxes de Habilidad Física: 100 para promocionar a baixada de prezo do seu plan básico

Esta semana entraron en vigor as medidas de Netflix contra as contas compartidas en España, movemento que provocou toda unha crise de reputación para a compañía de Reed Hastings, até o punto de que a semana pasada reaccionou cunha forte baixada de prezos en varios países latinoamericanos, e agora dan conta da mesma estratexia en países como Exipto, Iemen, Xordania, Libia, Irán, Quenia, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Malaisia, Indonesia, Vietnam, Tailandia e Filipinas, entre outros, farían o mesmo, de xeito que xa habería máis dun cento de territorios nos que Netflix tería reducido prezos para evitar a fuxida masiva de subscritores.
As rebaixas nas tarifas de Netflix chegan a mercados que poderiamos considerar menores, como tamén acontece cos países nos que ousan a establecer medidas contra as contas compartidas, polo que podemos ter a impresión de que están a facer un grande experimento a nivel global para así decidir os pasos que darán no seu principal mercado: os EE.UU.
Non podemos esquecer que Netflix é a primeira compañía de streaming en tomar medidas contra o uso de contas dende distintos fogares, mentres que o resto normalmente limítanse a controlar o número de pantallas simultáneas ou o número de dispositivos nos que se instala a aplicación, pero de conseguir que funcione este tipo de restrición do uso do servizo é bastante probable que os seus competidores avancen na mesma liña, como cando Netflix subiu prezos.

PUBLICIDADE