Netflix collerá o facho de Sálvame
venres, 23 de xuño do 2023
Na
xornada de hoxe o
programa de televisión Sálvame despÃdese da grella de Telecinco, no
que parecÃa o broche final a 14 anos en emisión, pero que finalmente terá unha
especie de spin-off en Netflix, xa que a plataforma de contidos baixo
demanda vén de asinar un acordo con La Fábrica de la Tele para un
novo reality show no que contan con 8 dos colaboradores do programa.
Polo momento non se detallaron nin o nome do programa nin o número de entregas
que terá, sabéndose que estará dirixido por David Valldeperas e protagonizado
por Belén Esteban, Terelu Campos, Kiko Matamoros, Lydia Lozano, Chelo GarcÃa
Cortés, VÃctor Sandoval, Kiko Hernandez e MarÃa Patiño, que moveranse por
España, Miami e México nunha aventura na procura de novos proxectos
profesionais.
Prevese que a gravación deste programa teña lugar nos meses de verán e serÃa
unha máis das resurreccións que chegan a través de plataformas dixitais,
xa que a
finais de ano tamén terá lugar unha nova edición de Operación Triunfo
que poderase seguir a través de Amazon Prime Video (o vindeiro 10 de xullo
celebrarán un casting en Santiago de Compostela).
- A vindeira edición de Operación Triunfo desenvolverase en Amazon Prime Video