Netflix supera os 100 millóns de subscritores

martes, 18 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Reed Hastings dando conta dos resultados de Netflix nunha entrevista en vídeo

O pulo do audiovisual a través de plataformas de streaming é innegable, e Netflix é unha boas mostra diso, como reflicten os seus últimos resultados trimestrais, nos que dan conta de que captou 5,2 millóns de novos subscritores (chegando a preto dos 104 millóns) e, por primeira vez na historia da compañía, o volume de subscritores internacionais superou aos de EE.UU.
A expansión internacional de Netflix está a ser todo un éxito, superando as previsións de Wall Street, o que provocou unha reacción positiva no mercado bolsista. Aínda que a compañía conseguiu consolidar a súa posición como produtora de series de televisión, dende a compañía queren enfocar os seus esforzos a mellorar a súa oferta cinematográfica, ou sexa, que buscan que as películas no seu servizo non sexan só de fondo de catálogo, senón que inclúan novidades de certo peso, de xeito que este ano pretenden estrear 40 filmes entre os que estarán dende grandes superproducións até obras de cine independente.

PUBLICIDADE