Netvibes estrea versión en galego co gallo do Día das Letras

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

A creación de portais persoais é un servizo atractivo polo que apostan empresas coma Google, PageFlakes, WebJam ou Netvibes, pero esta última compañía destaca porque vén de estrear versión na nosa lingua co gallo do Día das Letras Galegas.
Agora, os usuarios que deseñen configurar nunha única páxina blogs, novas, favoritos, vídeos, podcasts, fotografías, correo electrónico ou mensaxería instantánea, poderano facer en galego grazas á nova versión de Netvibes, que aínda que non amose unha perfecta tradución, resulta gratificante ver que algunhas empresas teñen certa sensibilidade por linguas distintas do inglés.

PUBLICIDADE