New Line quere levar Space Invaders ao cine
luns, 11 de agosto do 2025
A industria audiovisual non cesa de aproveitar marcas existentes para lanzar novos produtos buscando aproveitar o seu peso para conseguir un mÃnimo de rendibilidade e reducir riscos, o que ten levado a creacións tan ridÃculas como un filme baseado no xogo de mesa Hundir la flota, e nesa liña parece que quere ir a produtora New Line, que segundo Deadline está a preparar unha pelÃcula inspirada no clásico dos salóns recreativos Space Invaders de Taito.
O filme contarÃa con guión de Ben Zazove e Evan Turner (aÃnda que non transcenderon detalles sobre a trama) e a produción correrá a cargo de Akiva Goldsman (Weed Road Pictures) xunto aos socios de Safehouse Pictures, Joby Harold e Tory Tunnell, con Greg Lessans e Rachel Wizenberg supervisando por parte de Weed Road e Matt Schwartz por parte de Safehouse.
Considerado un dos videoxogos máis icónicos da historia, Space Invaders propón defender a Terra dunha invasión alienÃxena disparando contra ondas de inimigos que descenden pola pantalla. Creado por Tomohiro Nishikado e lanzado por Taito en 1978, o seu éxito comercial foi clave a finais dos anos setenta e comezos dos oitenta, xerando secuelas, remakes e adaptacións en múltiples plataformas.
