New Super Mario Bros. Wii U terá un modo de xogo rápido

martes, 11 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que é de agardar que o vindeiro xoves Nintendo dea detalles sobre o lanzamento da súa nova consola doméstica, a Wii U, imos tendo detalles sobre o que será un dos seus xogos estrela, New Super Mario Bros. Wii U, que polo que podemos ver nas súas últimas imaxes, conserva o estilo gráfico do New Super Mario Bros. Orixinal e as súas sucesivas entregas, e podería contribuír a potenciar o lanzamento da nova consola, para non repetir o acontecido coa Nintendo 3DS, que disparou as súas vendas cos lanzamentos dos xogos de Mario (estando a ter o último New Super Mario Bros. 2 para 3DS unhas vendas moi boas, superando o millón de unidades vendidas no Xapón nunhas poucas semanas e converténdose no xogo que máis rápido vendeu en España no que vai de ano).
Unha das novas características coas que contará o novo título de Mario será un modo de xogo chamado Boost Rush e que consistirá na incorporación de desprazamento automático a cada nivel do xogo, forzando ao xogador a percorrelos á maior velocidade posible, o que engade bastante rexogabilidade a New Super Mario Bros. Wii U. Tamén contaremos con niveis nos que será posible elixir múltiples camiños para completalos, o que instará aos xogador a descubrilos na súa totalidade e desvelar así todos os seus segredos.

O xogo conservará a estética propia desta saga renovada no seu día na Nintendo DS

PUBLICIDADE