Nikon faise con RED

xoves, 7 de marzo do 2024 Marcus Fernández

A marca de cámaras dixitais de cine máis coñecida a nivel mundial, RED, moi popular tamén entre algúns creadores de contido (como o youtubeiro tecnolóxico Marques Brownlee), deixa de ser independente tras un acordo coa Nikon Corporation, que adquirirá o 100% da compañía.
RED naceu como empresa en 2005, conseguindo converter a súa cámara RED ONE 4K case nun estándar, lanzando logo moitos outros produtos de calidade e cun rango de prezos relativamente contidos (sendo considerablemente máis económicos que o seu competidor máis directo, ARRI), até os actuais modelos V-RAPTOR [X].
Dado que Nikon tamén ten unha grande experiencia en desenvolvemento de produtos, procesamento de imaxe e tecnoloxías ópticas, confíase en que a compra de RED dea como resultado un fabricante de cámaras de cine aínda mellor, que poida mellorar a súa xa boa posición no mercado profesional.

PUBLICIDADE