Nintendo bloquea vÃdeos de YouTube que fan uso da súa música
mércores, 21 de agosto do 2019
Nos
últimos dÃas está a causar certo rebumbio o feito de que varias
canles de YouTube recibisen unha reclamación de Nintendo por violación de
dereitos de autor, xa que tratábanse de canles nas que a meirande parte dos
seus contidos eran precisamente músicas dos seus xogos.
A reclamación de Nintendo é totalmente lexÃtima, pero ata o momento a compañÃa non
actuara con tanta virulencia, levando a que algunhas destas canles eliminen
todos os vÃdeos con música de Nintendo ou incluso cheguen a pechar as canles
por completo, por carecer de sentido sen tal música ou simplemente ante as
dificultades de manexar a cantidade de reclamacións recibidas.
Pero estas accións están a ter unha cara B: numerosos usuarios están a
protestar pola eliminación da música de YouTube pola falta de alternativa para
escoitar os temas musicais de Nintendo. Ou sexa, que estarÃan a instar a
Nintendo a seguir os pasos doutros selos do sector, e que publiquen en
plataformas como Spotify as bandas sonoras dos seus xogos, para facilitar a
reprodución legal da súa música.
