Nintendo consegue o peche dun par de páxinas web que distribuían os seus xogos clásicos ilegalmente

luns, 23 de xullo do 2018 Marcus Fernández

O uso de emuladores para poder gozar de videoxogos clásicos é algo que vén realizándose dende hai varias décadas con certa normalidade, e a industria rara vez emprende accións contra estes movementos, pero como nos últimos tempos están ter certo éxito dispositivos como a NES mini e a SNES mini, resulta natural que empresas como Nintendo comecen a defender a súa propiedade intelectual con máis forza, e finalmente conseguiron pechar as páxinas web LoveROMS.com e LoveRETRO.co.
Estes espazos web facilitaban o acceso numerosas copias non autorizadas de videoxogos de Nintendo (principalmente de consolas clásicas), polo que a compañía nipoa levou ao seu responsable ante un xulgado federal de Arizona (EE.UU.) acusándoo de vulnerar a propiedade intelectual e as marcas de Nintendo lucrándose con iso.
Nintendo demandou ao responsable destas páxinas web ao que reclamaban 150.000 dólares por cada título distribuído e 2 millóns de dólares por cada marca infrinxida, o que en total estaría preto dos 100 millóns de dólares, á vez que tamén solicitaban o peche dos espazos en liña que finalmente non están operativos.