Nintendo deixa de vender códigos de descarga para os seus xogos

martes, 30 de xuño do 2020 Marcus Fernández

A partir do 1 de xullo Nintendo quere evitar que as tendas europeas poidan vender códigos de descarga dos seus xogos, que viñan a ser un método para a compra de xogos da Nintendo eShop en establecementos físicos, de xeito que usuarios que carecen de tarxetas bancarias poden realizar compras de xogos descargables.
Este movemento de Nintendo semella ser consecuencia da proliferación de plataformas nas que facilitaban códigos de descarga a prezos bastante inferiores ao habitual, valéndose en boa medida dos cambios de moeda dos distintos países, sendo polo momento unha incógnita a solución que buscará a compañía nipoa para suplir esta canle de comercialización que polo momento pode considerarse necesaria. De feito, os establecementos físicos continuarán a vender subscricións a Nintendo Switch Online e códigos de descarga para packs de expansión de xogos de Nintendo, así como códigos para xogos de editores distintos a Nintendo.

PUBLICIDADE