Nintendo dominou as vendas de videoxogos en agosto

luns, 17 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software e Lecer (aDeSe) publicou a listaxe de videoxogos máis vendidos en España durante agosto de 2007 constatándose que as consolas de nova xeración aínda son irrelevantes dominando absolutamente o mercado Nintendo, algo incrible hai poucos meses.
Temos así que entre os 10 xogos máis vendidos só hai 3 para a PS2 de Sony e o resto de títulos son para Nintendo DS e Wii. Queda así constatado o fracaso da PSP, xa que no mercado portátil (de grande éxito hoxe en día) a Nintendo DS ocupa incluso as 4 primeiras posicións con Pokémon Diamante, Más Brain Training, Pokémon Perla e Ratatouille.
A PS2 non aparece na listaxe ata o posto 5, tirando da franquicia de Pro Evolution Soccer (coa versión Platinum da súa 6ª entrega). Na 6 posición a PS2 consegue colocar o xogo de loita libre WWE Smackdown! vs Raw 2007 Platinum, que curiosamente é o único título dos 10 máis vendidos que está recomendado para maiores de 16 anos, o que tamén serve de exemplo da tendencia de Nintendo en lanzar títulos para cativos mentres que o resto de fabricantes apuntan a un público máis adulto.

PUBLICIDADE