Nintendo presenta Kirby Air Riders para Switch 2
martes, 19 de agosto do 2025
Nintendo anunciou durante o seu último Direct que Kirby Air Riders, a nova entrega do universo Kirby centrada na acción e a velocidade sobre vehÃculos, chegará en exclusiva a Switch 2 o vindeiro 20 de novembro.
O evento, cunha duración de 45 minutos, amosou en detalle as principais mecánicas do xogo, que recupera o espÃrito do clásico Kirby Air Ride de GameCube (2003) e engade novos modos. Os xogadores poderán participar en carreiras a toda velocidade nos circuÃtos tradicionais, asà como en probas urbanas dentro dunha illa flotante chamada Celesta, onde ata 16 participantes competirán en liña ou 8 mediante comunicación local.
En Celesta haberá que explorar o escenario, recoller potenciadores e sobrevivir a eventos inesperados, desde choivas de meteoritos ata loitas contra xefes. Tras un tempo lÃmite de preparación, a competición trasládase a distintos estadios con obxectivos variados: carreiras, combates multitudinarios ou descensos vertixinosos.
O xogo ofrece un amplo elenco de pilotos, entre eles Kirby, Meta Knight, o Rei Dedede e Maglor, asà como diferentes naves, como a Estrela Remolque ou a Wheelie Moto. Cada piloto conta con atributos propios e técnicas especiais, ademais da posibilidade de empregar as coñecidas habilidades de copia.
Resulta curioso que, mentres Mario Kart World ten un prezo oficial de 79,99 euros, Kirby Air Riders figura oficialmente a un prezo de 69,99 euros, para tranquilidade dos xogadores, pois dáse a entender que o dos xogos a preto de 80 euros non van ser a norma en Switch 2 os vindeiros anos.
Presentación do novo xogo de Kirby
