Nintendo presenta novidades sobre Pokémon
xoves, 9 de xaneiro do 2020
No
último Pokémon Direct desvelaron hoxe numerosos detalles sobre os xogos de
Pokémon para 2020, entre os que destacan especialmente dous: os pases de
expansión de Pokémon Espada e Pokémon Escudo e o xogo Pokémon
Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX para Nintendo Switch.
Que as grandes entregas de Pokémon para Nintendo Switch, Escudo e Espada
vaian contar con pase
de expansión é un curioso xeito de continuar enriquecendo estes tÃtulos sen
lanzar secuelas, como teñen feito en edicións anteriores. Estes pases de
expansión poden mercarse por 29,99 euros e inclúen novas historias e Pokémon
por descubrir, asà como novas áreas silvestres que explorar. Tamén permitirán
atopar Pokémon lendarios (tanto novos como xa coñecidos). Estes pases inclúen
dúas expansións que chegarán respectivamente no verán e no outono.
Máis cedo, o vindeiro 6 de marzo, sairá á venda para Nintendo Switch o xogo Pokémon
Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX, que convidaranos a explorar un
precioso mundo reimaxinado, crear un grupo de rescate partindo de Pikachu,
Eevee e Charmander e afrontar misións para salvar a Pokémon en territorios
xerados aleatoriamente. Este xogo xa conta cunha versión de proba dispoñible na
Nintendo eShope, de xeito que os interesados xa poden coñecer o que ofrecerá
este tÃtulo que como curiosidade non fai que o xogador encarne a un adestrador
humano, senón que adoptará a forma dun Pokémon.

- En Pokémon Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX adoptaremos o rol dun Pokémon
VÃdeo co Pokémon Direct de hoxe
