Nintendo vén de actualizar a súa Canle Internet de Wii
venres, 13 de abril do 2007
Logo de pasar varios meses tendo que conformarse con empregar tan só a versión de proba que habÃa dispoñible na Web, os usuarios da consola de última xeración de Nintendo, dispoñen dende hoxe dunha versión definitiva da Canle Internet de Wii. Este servizo do sistema operativo da vÃdeo consola, non é outra cousa que un navegador de Internet grazas ó que poderemos visitar calquera páxina da Rede dende a mesmÃsima televisión e co mando da Wii, que permite desprazar un punteiro pola pantalla de xeito cómodo grazas a un porto infravermello.
Tal e como aseguran na web especializada Vandal.net do noso colaborador Pablo GrandÃo, as melloras máis salientables deste novo servizo (de balde até finais de xuño de 2007), son unha meirande rapidez na carga dos sitios web, un novo botón de buscas integrado que permite escoller entre Yahoo! ou Google, unha mellor definición no zoom (automático ou manual), máis espazo na pantalla e posibilidade de configurar un proxy, de axustar a amplitude de imaxe e de borrar as cookies.
A actualización desta versión pódese realizar dende a Canle Tenda, na sección Programas de Wii, na que tamén se pode descargar por primeira vez se non se contaba coa versión de proba.