No outono teremos un xogo inspirado no efecto Tetris
xoves, 7 de xuño do 2018
Enhance Games, o equipo detrás de títulos como Rez Infinite e Lumines¸ está a traballar nunha nova produción que vai revolucionar
un clásico dos videoxogos, Tetris Effect, que curiosamente
inspírase no curioso efecto que padecen algunhas persoas que xogan moito a
creación de Alekéi Pázhitnov (chegando a ver imaxes do xogo na vida real).
O novo xogo, que chegará a PlayStation 4 no outono ofrecendo tamén a
posibilidade de gozalo tridimensionalmente se temos PlayStation VR, quere
amplificar o efecto Tetris, de xeito
que cada unha das súas 30 fases somerxeran ao xogador nun mundo fantástico que
reacciona e evolución en función do xeito de xogar, mudando os elementos do fondo,
os sons, os efectos especiais e até a forma das pezas de Tetris, que bailan,
producen música e esbouran en perfecta sincronía co xogo.
Tetris Effect tamén incluirá modos de
xogo coñecidos (Marathon, Ultra e Sprint), outros orixinais e incluso unha nova
mecánica que permite ir á Zona para
deter o tempo e así poder manobrar en situacións difíciles das que poderá saír
chegando incluso a poder eliminar 12 liñas de vez.
Durante o E3 poderase probar este curioso xogo do que irán dando máis detalles
antes do seu lanzamento.
- O xogo de Enhance Games fará un achegamento inédito ao clásico Tetris
Vídeo promocional de Tetris Effect