No verán teremos un novo Ninja Gaiden retro

martes, 17 de decembro do 2024 Marcus Fernández

A franquía de xogos de loita Ninja Gaiden ten grande reputación e unha boa base de seareiros e agora, grazas ao traballo do equipo do aclamado Blasphemous, contará cunha nova entrega con aire clásico, Ninja Gaiden: Ragebound.
Falamos dun xogo que recupera as mecánicas de desprazamento lateral da triloxía orixinal publicada por Tecmo cunha estética pixel art que busca deixar claro que estamos ante un xogo con aires retro que pesca no caladoiro dos xogadores que gozaban das aventuras de Ryu Hayabusa o século pasado.
Pese á estética simple, Ninja Gaiden: Ragebound promete a profundidade e a intensidade dos títulos modernos en 3D, e narra unha historia inédita, na que un modo ninja chamado Kenji Mozu ten que protexer a aldea de Hayabusa dun exército de demos que xorden mentres Ryu Hayabusa se atopa de viaxe nos EE.UU.
Este prometedor xogo contará con versións para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC, polas que teremos que agardar até o verán de 2025.

Tráiler de presentación de Ninja Gaiden: Ragebound