Nocturna recibe o Goya á mellor animación
mércores, 6 de febreiro do 2008

- Julio Fernández agradecendo o Goya por Nocturna
A última gala dos Premios Goya serviu para
consolidar a boa sona da animación galega, posto que a pelÃcula Nocturna se fixo con sétimo galardón para a nosa comunidade
neste apartado, repetindo o éxito acadado por Bren
Entertainment en anteriores pelÃculas
coma El Bosque Animado, Pinocho 3.000 ou Pérez, el ratoncito de tus sueños.
A animación tridimensional de Nocturna se realizou integramente nos estudos
composteláns de Bren, mentres que o premio o recolleu Julio Fernández, presidente
de Filmax.
