Nokia estrea oficialmente a súa plataforma de xogos para móbiles N-Gage

luns, 7 de abril do 2008 Marcus Fernández

Nokia finalmente lanzou oficialmente a súa plataforma de xogos N-Gage, que consiste nunha aplicación que se pode instalar nos móbiles da compañía para acceder a xogos de alta calidade que poderían formar unha nova xeración de títulos móbiles.
Neste momento a plataforma N-Gage é compatible cos terminais Nokia N81, N82 e N95, e en breve tamén funcionará cos N73, N93 e N93i. O catálogo de xogos para esta plataforma aínda é reducido (FIFA 08, Brain Challenge, Asphalt 3: Street Rules, World Series of Poker, Hooked On: Creatures of the Deep e System Rush: Evolution) pero contará con moitos outros títulos nos vindeiros meses (Tetris, The Sims 2 Pets, Block Breaker Deluxe, Dogz, Snakes Subsonic, Mile High Pinball, The Dark Knight, Speed Racer, Star Wars: The Force Unleashed e Space Impact: Kappa Base).
O prezo de cada xogo de N-Gage estará entre os 6 e 10 euros.

PUBLICIDADE