Nova aplicación para converter o PC nun centro multimedia

venres, 26 de decembro do 2008 Marcus Fernández

En febreiro de 2004 Erwin Beckers deixou o proxecto X-Box Media Center para empezar o seu propio proxecto, MediaPortal, co que pretendía crear unha plataforma de software para converter un ordenador baseado en Windows en todo un MediaCenter, que vén de estrear a súa versión 1.0, polo que esta aplicación xa se considera completa, e permite tanto facilitar a reprodución multimedia coma facer doada a gravación de programas se contamos cunha sintonizadora de televisión no PC.
MediaPortal pode utilizarse para ver películas, series de televisión, fotografías, ver o estado do tempo ou a ver/gravar a televisión, funcionando en Windows XP e Vista sempre que se conte co framework .NET instalado, sendo un desenvolvemento aberto e de balde, do que xa se está a traballar nunha versión mellorada, o MediaPortal II, que será máis modular e con funciones avanzadas (reprodución a través de rede local ou en móbiles) que xa conta cunha versión previa.

MediaPortal nos permite ver as series de televisión que teñamos almacenadas no noso equipo
Os contidos audiovisuais teñen a súa correspondente ficha