Nova convocatoria da CRTVG para seleccionar proxectos dixitais en galego
xoves, 20 de xullo do 2023
A CRTVG vén de
lanzar a súa segunda
convocatoria de selección de proxectos dixitais en galego, dotada con
330.000 euros, para atopar talento, producir contidos e colaborar co sector
audiovisual. Seleccionaranse 27 contidos dixitais repartidos en doce proxectos
de até 50 minutos, e outros 15 cun máximo de 10 minutos de duración. Os 27
traballos han de ser inéditos e xirar arredor da ficción, o humor, a
divulgación, a educación, a cultura ou infotainment, e o seu hábitat
serán ás canles dixitais, web e redes sociais dos medios públicos galegos. A
convocatoria estará aberta até o 20 de setembro e enmárcase na estratexia de
innovación da CRTVG na súa relación co sector audiovisual.
Da primeira edición da convocatoria de selección de proxectos xa hai proxectos
en produción e algúns en emisión, como é o caso de O
mellor tractor do mundo.
Este tipo de convocatoria busca tamén atender a unha parte especÃfica do sector
audiovisual galego, o das pequenas empresas ou profesionais individuais, que
poden ter dificultades para presentar proxectos destinados á súa emisión a
través de canles tradicionais ou con orzamentos elevados.