Nova sección de motos para a web EllasConducen.com
xoves, 26 de febreiro do 2009
A
incorporación das mulleres ao mundo das dúas rodas está a medrar de xeito
vertixinoso dende hai uns anos, debido en gran parte ao seu abaratamento, á súa
comodidade e tamén a que agora está permitido conducir motos de menos de 125 cc
con carné B-1.
É por
isto que, o primeiro portal do motor “dedicado
exclusivamente ao público feminino”, EllasConducen.com,
vén de inaugurar unha nova sección do catálogo de motos na súa web, sabedores
os seus responsables de que o seu público obxectivo está a converterse en
cliente potencial dos vehículos de dúas rodas de xeito paseniño.
Neste
apartado aparecen as últimas novidades do mercado en materia de motocicletas,
con análises rigorosas das súas características e consellos de compra para que
as moteiras dispoñan de toda a información precisa á hora de escoller o
vehículo que mellor se adapte ás súas necesidades e gustos.
Este
catálogo contén, asemade, unha ficha informativa dos distintos modelos de motos
existentes e ofrece a posibilidade de incluír comentarios das usuarias para
intercambiar opinións e contrastar información con outras internautas.
Din
os responsables da web que as moteiras se están a facer devagar un espazo no
mundo das dúas rodas. O pistoletazo de
saída, aseguran, produciuse en 1940, cando Dot Robinson fundou en EE.UU The
Motor Maids, o primeiro club feminino de motociclismo do mundo. Dende entón, a
moitas mulleres “picoulles o vermiño da estrada”;
tanto foi así que mentres no ano 1985, a mítica Harley Davidson vendeu apenas
600 unidades a mulleres, no 2005 superou as 30.000 unidades.
Neste
intre, o portal ofrece información dos modelos, Gilera GP800, Suzuki Intruder,
Kawasaki KLX250, Suzuki GSX-R 1000, Honda DN-01, Honda Forza 250, Kawasaki
ZX-6R e BMW K 1300; pois ninguén dubida que na variedade está o gusto.
Por
último, este portal creado en 2007 coa finalidade de axudar e informar a
tódalas mulleres interesadas no mundo do motor que non saben acceder ás web
normais para calquera usuario, ofrécelle a posibilidade de contratar o seguro
da súa moto con MAPFRE.
