Novas imaxes de The Wheelman

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Pese a que dende o Concello de Barcelona non queiran que a súa cidade apareza asociada co crime e a violencia, o xogo The Wheelman continúa a avanzar para chegar ás tendas tralo verán nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC.
Para ir quecendo motores para este novo lanzamento, dende Midway estrean novas imaxes do título protagonizado por un virtual Vin Diesel claramente recoñecible, como tamén se recoñecen totalmente as rúas de Barcelona e os seus monumentos, podendo verse, por exemplo, a Sagrada Familia (que incluso está en obras).

PUBLICIDADE