Artigos desta sección
Os terminais BlackBerry perden o acceso á Rede durante medio día
Durante esta mañá, usuarios de Europa, África e Oriente Medio informaron do rexistro de problemas no acceso aos servizos BlackBackberry dende os seus teléfonos, que quedou fóra de funcionamento durante preto de 12 horas, deixando sen mensaxería electrónica (non só deixou de funcionar o BlackBerry Messenger, senón tamén o Whatsapp) e correo electrónico a un (...)
Ler máis3.000 empregados da Xunta e da Administración de Xustiza terán en breve tarxeta con sinatura dixital
A Secretaría Xeral de Modernización e a Consellería de Xustiza, a través do Proxecto Kronos, veñen de informar que un total de 3.000 empregados públicos da Xunta e da Xustiza, terán na súa man, co comezo do vindeiro ano, a tarxeta intelixente que os acredita de xeito dixital, regula o control horario e “abre a porta a futura regulación da flexibilidade horaria e (...)
Ler máisIneo organiza este xoves un novo seminario sobre métodos axeitados para abrirmos mercado
Francisco Javier Balbín, director de Comercio Exterior de Banco Sabadell, estará este xoves en Vigo para falar de diferentes métodos que temos ao noso alcance para romper fronteiras no eido empresarial e comercial cos nosos produtos e servizos tecnolóxico-dixitais. Balbín estará en Vigo da man da asociación TIC Ineo, no marco do seminario Negociar, contratar, (...)
Ler máisGalicia Confidencial rematou a primeira semana de outubro con case 100.000 páxinas vistas
Non deixa de ser curioso que mentres uns medios galegos pechan outros vaian cara arriba. Entre estes últimos, os que suman seareiros, temos a web Galicia Confidencial, que, segundo contan os seus responsábeis, acadou case 100.000 páxinas vistas na semana que vén de rematar, “o maior número da súa historia”. Por outra banda, ao longo do mesmo período o número de (...)
Ler máisBoiro, Foz, O Barco e Vigo acollen este martes unha xornada sobre os requerimentos das estacións base de radiocomunicación
As aulas CeMIT de Boiro, Foz, O Barco de Valdeorras e Vigo dan acubillo este martes 11 a unha xornada formativa destinada aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías. Na xuntanza, que vén da man do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría (...)
Ler máisSermos Galiza presenta en Compostela o seu proxecto para pór en marcha un xornal dixital en galego
Sermos Galiza, a iniciativa para crear medios de comunicación propios en galego, incluído unha web informativa que paseniño vai collendo corpo e que compense a progresiva perda de exemplos xornalísticos na nosa lingua, vén de presentarse en Santiago por segunda vez, dun xeito máis completo, estendido e específico. Cómpre lembrar que a primeira cita foi no (...)
Ler máisFacebook estrea aplicación para iPad
Pese ás reticencias de Mark Zuckerberg para adaptar a experiencia de Facebook ao iPad como unha aplicación de seu (o fundador desta plataforma sostiña que non era precisa tal aplicación porque non consideraba ao iPad como un dispositivo móbil), finalmente a ferramenta faise oficial, e a versión 4.0 da aplicación oficial de Facebook para iOS soporta o iPad, o (...)
Ler máisINTECO organiza un encontro de blogueiros de seguridade que se poderá seguir online
O vindeiro 26 de outubro, coincidindo coa celebración do V Encontro Internacional da Seguridade da Información (ENISE) que vai ter lugar en León, o Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade (INTECO-CERT) vai organizar un encontro paralelo de blogueiros especializados en seguridade, no que se ampliarán coñecementos e puntos de vista sobre a temática. (...)
Ler máisAGASOL presenta unha páxina para facilitarlles ás ONG as vantaxes do software libre
A Asociación Galega de Empresas de Software Libre, AGASOL, organizou a semana pasada un encontro dirixido a achegarlles ás organizacións sen arela de lucro que fan o seu labor dende a nosa terra as múltiples vantaxes do software libre para a súa xestión e para a súa comunicación con afiliados e a sociedade en xeral. Pois ben, a xornada, da que falamos polo (...)
Ler máisMáis de 170 persoas asistiron ao curso de creación de videoxogos da Rede CeMIT
Entre as actividades organizadas para o que queda de 2011 incluíronse accións dirixidas a divulgar as habilidades e os coñecementos precisos para que as galegas e galegos participen tamén, coas súas propias mans, na construción da era dixital. Entre as actividades cóntase un curso de creación de videoxogos, levado a cabo en quince localidades da nosa terra (...)
Ler máis0 | ... | 29920 | 29930 | 29940 | 29950 | 29960 | 29970 | 29980 | 29990 | 30000 | ... | 42560