Artigos desta sección
Galicia será a primeira comunidade en contar cun sistema de envio telémático de solicitudes de cooperación xudicial
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial Manuel Almenar, presentaron o pasado venres na Audiencia Provincial de Pontevedra unha iniciativa que vai permitir o envío telemático entre distintos xulgados das solicitudes de cooperación xudicial, os coñecidos como exhortos, (...)
Ler máisCodigocero.com cumpre hoxe 10 anos
Dez anos, 3.652 días, é a vida desta iniciativa que naceu o 25 de xullo de 2001. Xurdido dun programa radiofónico, codigocero.com é hoxe na Rede o primeiro medio de comunicación privado de Galicia integramente en lingua galega, o sexto medio de comunicación do país tralos principais xornais e a CRTVG, e ocupa o posto 118.400 do mundo e o 2.250 de España (datos (...)
Ler máisO nº 96 da nosa edición impresa celebra os 10 anos de Codigocero.com
Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF. Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao décimo aniversario de codigocero.com, facendo un pequeno repaso por estes anos e amosando a visión persoal (...)
Ler máisA xornada sobre Xestión Integral de Empresas con Software Libre do CDTIC xa cubriu o 80% das súas prazas
O Centro Demostrador TIC de Galicia celebra o 28 de xullo unha xornada dedicada á Xestión Integral de Empresas con Software Libre, que xa ten cubertas o 80% das prazas. A sesión está dirixida aos profesionais e persoal técnico, autónomos, xerentes ou directivos das empresas da nosa comunidade, tanto do sector público como privado. A boa acollida da xornada (...)
Ler máisA Formación Profesional galega estrea portal web
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai público o novo portal web de Formación Profesional co obxectivo de ofrecer un mellor servizo ao conxunto da cidadanía galega. O novo espazo permite unha visualización áxil de todo aquilo relacionado coas ensinanzas de FP e programas de cualificación profesional inicial (PCPI), mellorando a usabilidade con (...)
Ler máisNova páxina web para os comerciantes galegos
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe o Portal do Comerciante Galego, unha aplicación web pioneira en Galicia destinada a fomentar a competitividade do comercio de proximidade, ao abeiro do Plan Ágora-Agora Recomercia. O Portal pon ao dispor do comerciante diferentes cuestionarios de autoavaliación, de cara a facer unha (...)
Ler máisOptare estrea novas instalacións no Parque Tecnolóxico de Vigo
A empresa galega Optare Solutions inaugurou esta semana as súas novas instalacións no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. Para celebrar este acontecemento, a empresa (centrada en servizos de enxeñaría de telecomunicacións) convidou a diversos persoeiros ligados ás novas tecnoloxías do coñecemento e ás novas canles, tanto dende o eido privado como dende o (...)
Ler máisO BlackBerry PlayBook incorpora soporte de galego
Parece que o tablet de RIM está a ser un grande fracaso, non só comercialmente, senón tamén no que ao seu sistema operativo se refire, que está a amosar moitas carencias que forzan á publicación de actualizacións constantes, que por outra banda incorporan outras prestacións pouco habituais e que serían de agradecer noutros trebellos, coma o maior soporte de (...)
Ler máisTurgalicia estrea blog para mellorar a súa presenza na web social
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo publicou hoxe na Internet un blog co obxectivo de ampliar a súa presenza na web 2.0 para resolver de xeito máis eficaz as demandas de información e comunicación sobre o turismo de Galicia na Rede. (...)
Ler máisAxega e R crearán unha canle de televisión interactiva sobre emerxencias e protección cidadá
O Executivo autonómico vén de aprobar o proxecto de acordo que autoriza a sinatura dun acordo entre a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e a compañía de telecomunicacións R para a posta en marcha dunha canle de televisión dixital con servizos interactivos en materia de emerxencias e protección cidadá en Galicia co fin de que a poboación conte cun referente (...)
Ler máis0 | ... | 30370 | 30380 | 30390 | 30400 | 30410 | 30420 | 30430 | 30440 | 30450 | ... | 42580