Artigos desta sección
Stephen Hawking recibirá en Compostela o Premio Fonseca
O 27 de setembro farase entrega no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia do Premio Fonseca 2008, que nesta primeira edición recae na figura do científico británico Stephen Hawking, recoñecido polos seus traballos sobre os buracos negros e pola súa labor de divulgación científica. O propio Hawking participará en distintos actos durante esa mesma semana (...)
Ler máisEVERUN NOTE: un ultraportátil cun procesador de dobre núcleo
Raon Digital comezará a vender a primeiros de setembro (tanto en Corea do Sur coma nos EE.UU.) o ultraportátil EVERUN NOTE, que sorprende non só por acadar unha resolución de 1.024 x 600 píxeles nunha pantalla de 7 polgadas, senón tamén por incorporar un procesador AMD Turion 64x2 Dual Core a 1,2 GHz, pois neste tipo de equipos non é habitual atopar (...)
Ler máisOs novos portátiles de Dell terán unha autonomía de ata 19 horas
Pese a que se agardaba que hoxe Dell presentase oficialmente os seus ultraportátiles de baixo custo, a compañía sorprendeu anunciando melloras nos seus portátiles das series Latitude e XPS, de xeito que estes últimos contarán coa posibilidade de integrar disco SSD de 128 Gb nos seus modelos de 15 e 13 polgadas por un prezo de 450 dólares, mentres que os (...)
Ler máisInnovación convoca 461 prazas para a contratación de científicos e tecnólogos
A Consellaría de Innovación e Industria vén de facer pública, a través do Diario Oficial de Galicia de hoxe, a convocatoria do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (INCITE), pola que se investirán 27.176.860 euros na contratación de 461 investigadores, tecnólogos e axentes de innovación no sistema público de investigación, (...)
Ler máisAdebate.net quere achegar os políticos aos seus votantes
Durante a pasada campaña electoral o foro galego aberto baixo o dominio adebate.net pretendeu servir de punto de encontro para lanzar preguntas aos políticos seguindo unha fórmula semellante á do programa televisivo Tengo una pregunta para vd… de xeito que pretendía así reducir a separación entre a clase política e a sociedade permitindo un certo contacto entre (...)
Ler máisFacebook logra liderar as redes sociais grazas ao seu rápido crecemento
A percepción que se ten das redes sociais actuais é que Facebook é o rei do sector, pero se analizamos as cifras reais temos que non só é así, senón que ademais é a rede social que medra máis rápido, cun crecemento interanual do 153%, mentres que o seu principal competidor, MySpace, só medra un 3%. MySpace aínda perdeu a súa posición de liderado das redes sociais (...)
Ler máisA nova versión de µTorrent adáptase a IPv6
As aplicacións de intercambio de arquivos a través da Internet comezan a adaptarse ao futuro da Rede, e a versión 1.8 de µTorrent, considerado o cliente de BitTorrent máis popular e eficiente para Windows, incorpora o soporte de Teredo (un protocolo de tunelización que converte os paquetes IPv6 en datagramas UDP IPv4 para que sexan compatibles con hardware (...)
Ler máisBancaja deberá indemnizar a dous clientes por un caso de phishing
O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Castellón vén de declarar “culpable” á entidade bancaria, Bancaja, por non terlle garantido a seguridade das operacións efectuadas a través da Rede a dous dos seus clientes. Os dous afectados percatáronse de que se realizaran, sen o seu consentimento, dúas transferencias por importe de 2.994 e 3.125 euros a través de (...)
Ler máisSimyo lanza unha tarifa plana de banda larga móbil por 24,99 euros/mes
Co verán moitas operadoras se lanzaron a ofertar conexións de banda larga móbil pensando na xente que se desprazaba durante as vacacións, e aínda que algo tarde, Simyo responde coa que se pode considerar a mellor oferta do mercado, pois por 24,99 euros/mes (+IVE) ofrece unha tarifa plana de conexión por HSDPA (3,5G) que funcionará a unha velocidade de ata 3,6 (...)
Ler máisO supercomputador do CESGA bate a marca mundial de resolución de incógnitas
Un grupo mixto de investigadores das Universidades de Extremadura e Vigo xunto con técnicos do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de resolver un problema electromagnético de 150 millóns de incógnitas empregando para iso o superordenador Finis Terrae instalado no CESGA. A cifra da anterior marca mundial (a cargo dun grupo de investigadores (...)
Ler máis0 | ... | 38240 | 38250 | 38260 | 38270 | 38280 | 38290 | 38300 | 38310 | 38320 | ... | 42560