Novo Curso de Especialización en Marketing Online</Em> en A Coruña

mércores, 23 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A Escola Superior Marcelo Macías celebrará entre o 31 de marzo e o 28 de maio o seu primeiro Curso de Especialización en Marketing Online en A Coruña, dirixido polos profesionais Daniel Cerqueiro (Galinus) e Javier Varela (toctocmedia), que terá unha duración de 200 horas entre presenciais e en liña. As clases presenciais terán lugar os venres entre 16:30 e 21:30 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
Entre o profesorado desta primeira edición do curso figuran relatores coma Rodolfo A. Albella (Pleiteando), Jesús López (Grupo Femxa), Víctor Salgado (Pintos & Salgado Abogados), Iván Fociños (PéZcalo), Daniel Seijo (Weblogs, S.L.), Pablo López Domínguez (Hacce Soluciones TIC) e os propios directores da actividade formativa que tratará temáticas diversas como os blogs, as redes sociais, as páxinas web corporativas, a reputación en liña, o marketing viral, os buscadores, a normativa legal, a analítica web ou o comercio electrónico.

PUBLICIDADE