Novo éxito galego en Netflix

martes, 25 de xuño do 2024 Marcus Fernández

O audiovisual galego volve demostrar a súa forza a escala mundial con Clanes, produción de Vaca Films que se estreou na plataforma de streaming Netflix o pasado venres, e que xa pode presumir de ser a serie de televisión de fala non inglesa líder da plataforma a nivel mundial nos últimos 7 días, con máis de 15,4 millóns de horas vistas e 2,9 millóns de visualizacións. A serie incluso quedaría nun espectacular segundo posto global absoluto, pois só quedaría por detrás da serie de fala inglesa Bridgerton, que está na súa terceira tempada e xa é un éxito consolidado no vídeo baixo demanda (de feito, en España a serie ocupa actualmente 3 posto do Top 3, ao contabilizarse as súas tres tempadas por separado).
A serie galega, que internacionalmente responde ao título de Gangs of Galicia, conseguiu coarse no Top 10 de Netflix en 50 países, cunha ampla presenza en Europa e América, pero incluso destacando en Quenia, Marrocos, Mauricio, Reunión, Chipre, Israel, Líbano e Nova Caledonia.
Estamos ante o segundo grande éxito en Netflix asociado a Galicia en poucas semanas, xa que a finais de abrilEl Caso Asunta tamén conseguiu colocarse como serie máis vista de fala non inglesa, posición que mantivo durante 3 semanas seguidas, aguantando outras 2 máis dentro do Top 10.

Miguel de Lira é un dos protagonistas das nova produción de Vaca Films
Parte do elenco da serie na súa première na cidade da Coruña