Novo mando adaptable de Xbox
xoves, 20 de marzo do 2025
Aproveitando a celebración do Microsoft Ability Summit 2025, a compañÃa de Redmond o lanzamento do Xbox Adaptive Joystick, un mando de consola deseñado en colaboración coa comunidade de xogadores con discapacidade, que busca satisfacer as necesidades de xogadores con mobilidade reducida, e que pode adquirirse por 29,99 euros.
Este mando accesible pode integrarse en configuracións de xogo existentes para consolas Xbox One e Xbox Series X|S, asà como en ordenadores persoais con Windows 11. Está pensado para integrarse con outros dispositivos Xbox como o Xbox Adaptive Controller e os mandos sen fÃos de Xbox.
Nesta ocasión queda bastante claro o compromiso de Microsoft coa accesibilidade, xa que este dispositivo dificilmente suporá un negocio para a compañÃa, xa que véndese a un prezo moi reducido e con gastos de envÃo de balde dende a Microsoft Store (tamén con devolucións de balde).
VÃdeo de presentación do novo mando adaptable de Xbox