Novo servizo de microblogging en galego
venres, 1 de agosto do 2008
Tralo fenómeno dos blogues,
moitos usuarios preferiron apostar por un formato máis breve e dinámico
coñecido coma microblogging que se
popularizou grazas ao seu servizo estrela, Twitter. Atendendo a esta demanda de
expresión, en Galicia temos como dende Chuza crearon o que se da en chamar ChÃos (pequenas mensaxes de texto
dos seus usuarios) e agora, co
gallo do Festigal, estreouse na web Lareta.net,
un novo servizo de microbloguexo que
funciona baixo o software de código aberto Laconica.
A nova plataforma de microblogging
está en galego, e os
seus usuarios poden publicar mensaxes de 140 caracteres que poden
seguir outros usuarios dende a web ou incluso a través de fluxos RSS.
