Novo xogo de balde cos superheroes da Marvel
venres, 30 de xuño do 2017
Os afeccionados aos personaxes da Marvel poden gozar en
consola do xogo Marvel Heroes Omega, que combina a
xogabilidade de xogos de rol de acción e de xogos masivos en liña cun inmenso
catálogo de personaxes como Spider-Man, Iron Man, Thor, Hulk, Lobezno ou os integrantes dos
Defensores, os X-Men ou os Gardiáns da Galaxia, que poderán progresar durante
milleiros de horas, lucir ducias de traxes e superar retos que irán
actualizándose cada pouco tempo para manter a unha boa base de xogadores enganchados xa que estamos ante un
tÃtulo free-to-play, ou sexa, que xa
o podemos descargar
de balde para Xbox One ou para
PlayStation 4, mentres que a versión para PC e Mac farase esperar un chisco
máis.
O xogo presenta unha historia escrita polo guionista Brian Michael Bendis na
que o Dr. Doom fÃxose co Cubo Cósmico, artefacto capaz e mudar o tecido da
realidade, polo que xuntou a un grupo de malvados para evitar que os superheroes
interfiran na súa reorganización do mundo á súa propia imaxe. Unha interesante
base para un xogo no que poder gozar do xogo con amigos e que aspira a xuntar a
máis dun millóns de xogadores en liña.

- En Marvel Heroes Omega numerosos personaxes unirán forzas para estragar os plans do Dr. Doom.
VÃdeo promocional de Marvel Heroes Omega
