Novo xogo mata-marcianos para PC
mércores, 28 de novembro do 2007
Os seguidores de clásicos xogos mata-marcianos coma
Nemesis, Salamander ou R-Type poderán
saciar as súas ansias cun novo xogo que se comezará a vender o vindeiro 14 de
decembro a través da Internet, Söldner X: Himmelsstürmer, chegando
nunha edición limitada que inclúe o xogo, o manual nunha caixa de deseño, a
banda sonora, unha guÃa e un certificado de serie (só para os 3.000 primeiros
compradores) por
33,64 euros, comezando a comercializarse para PC, aÃnda que se agarda un
posterior lanzamento a través da tenda virtual de PlayStation 3.
|
|
Este impresionante xogo de naves transcorre en 12 fases con coidados gráficos e animacións, ten gráficos de alta definición (720 liñas progresivas), funciona en varios modos de pantalla (16:9, 16:10 e 4:3), permite xogar a 2 usuarios simultáneos en modo cooperativo, conta con fondos animados, efectos meteorolóxicos, multitude de armas, caracterÃsticas agochadas e moitas outras prestacións que agradecerán os incondicionais deste tipo de xogos que tanto furor causaran nos salóns recreativos de finais dos anos 80.
