Novos xogos para os subscritores de Amazon Prime de cara ao Prime Day

martes, 17 de xuño do 2025 Marcus Fernández

Amazon confirmou que o Prime Day 2025 celebrarase do martes 8 ao venres 11 de xullo, e para ir quecendo motores, os membros de Prime Gaming poderán acceder a unha nova remesa de xogos para PC sen custo adicional dende o 17 de xuño ata o 7 de xullo. Entre os títulos incluídos están Saints Row IV: Re-Elected, Star Wars: Rebellion, Saints Row 2, TOEM, Dungeon of the Endless: Definitive Edition e Tomb Raider I-III Remastered Starring Lara Croft, todos dispoñibles sen custo adicional e para conservar para sempre unha vez reclamados. Estes xogos estarán accesibles a partir das 18:00 horas e, nalgúns casos, tamén se poderán xogar en streaming a través de Amazon Luna grazas á integración coa plataforma GOG.
Durante este mes de xuño, Prime Gaming ofrece outros xogos como Mordheim: City of the Damned, The Abandoned Planet, Station to Station e Death Squared. A partir do 19 de xuño poderanse reclamar Dark Envoy e Fate: Undiscovered Realms, e o 26 de xuño engadiranse títulos como Thief: Deadly Shadows, Jupiter Hell e Gallery of Things: Reveries.