O 20 de maio chegará WiiWare a Europa

venres, 25 de abril do 2008 Marcus Fernández

Nintendo traerá a Europa a súa canle de descargas WiiWare, que chegará o vindeiro 20 de maio con títulos coma ActionLoop Twist,Critter Round-Up, Dr. Mario & Germ Buster, Final Fantasy Crystal Chronicles: My Life as a King, LostWinds, Plättchen Twist ‘n’ Paint, Pop, Project Bang!, Star Soldier R e Toki Tori, que se poderán adquirir dende 500 Wii Points.
A esta nova canle para a Wii seguiralle a Nintendo Channel que sairá 10 días despois e permitirá ver trailers e anuncios de novos lanzamentos, así como descargar demostracións para Nintendo DS.
Este anuncio coincide co lanzamento de Wii Fit en España e da publicación do calendario de lanzamentos de Nintendo para os vindeiros meses, entre os que destacamos Ford Off Road Racing o 6 de xuño, Family Ski o 13 de xuño e, finalmente, Super Smash Bros. Brawl o 27 de xuño.

PUBLICIDADE