O Blogomillo xa conta con máis de 2.000 blogs
xoves, 26 de outubro do 2006
Os blogs en galego conforman unha comunidade coñecida coma Blogomillo, que pese a estar moi discutida, está en constante crecemento, de xeito que segundo o contador automático de Blogaliza.org chegouse ós 2.038 blogs catalogados. A listaxe publica con estas bitácoras en galego ten moitos defectos (blogs repetidos, blogs desaparecidos, etc.) pero estiman que o número de bitácoras que haberÃa que purgar é moi reducido e que tamén se compensarÃa de xeito doado cos blogues que aÃnda non aparecen (tanto por non pórse en coñecemento dos responsables de Blogaliza como por ser de moi recente creación), de xeito que podemos asegurar que se superan os dous milleiros de blogs galegos.
Ademais, a listaxe dos blogues serve tamén a xeito de ranking, pois están ordenados segundo os criterios de relevancia de Technorati, o que incrementa a súa utilidade coma un barómetro de popularidade no Blogomillo, confirmando asà o éxito de Aduaneiros sem fronteiras (que lidera a listaxe), do premiado blogue de MartÃn Pawley, o espazo virtual do director de Xerais, Manuel Bragado ou mesmo o diario de Manuel Gago (habitual colaborador desta publicación).
Non hai que esquecer que, aparte de toda a comunidade que conforma o Blogomillo, existe todo un universo de blogs galegos en español, que acadan un importante éxito fóra da nosa terra (chega con ver a listaxe de nomeados ós BOBs), polo que haberÃa que recoñecer que a mirada interior dos blogues galegos é unha aposta dos seus responsables que posiblemente prexudique á súa capacidade de captación de público, pero que responderÃa a unha necesidade de promover o galego e a nosa cultura fronte á busca do éxito na blogosfera española.
