O Blu-ray podería comezar a contar con películas pornográficas no seu catálogo

xoves, 10 de maio do 2007 Marcus Fernández

A guerra de formatos entre os disco Blu-ray e HD DVD vén de abrir unha nova fronte de batalla, xa que o grupo LFP está a preparar a distribución no formato de Sony da película pornográfica Jenna Haze Oil Orgy, que sería a primeira deste tipo en saír para Blu-ray, o que suporía a reconsideración da compañía nipona no tocante a fabricación deste tipo de produtos (por motivos morais).
Parece así que Sony aceptará a pornografía en Blu-ray para evitar repetir erros do pasado (algo aínda non confirmado oficialmente) pois a película protagonizada por Jenna Haze (xunto con outras 8 actrices porno) fará historia ó comercializarse nun curioso formato combinado, xa que se venderá nun paquete no que se incluirá o disco Blu-ray, unha copia en DVD estándar e tamén outra en DVD con compresión WMV, de xeito que se pode achegar de distintos xeitos o mesmo contido, tanto en definición estándar como en alta definición.
A distribuidora tamén quere repetir a mesma fórmula co formato HD DVD, e para dar a coñecer as bondades da alta definición no lecer adulto non se cortan á hora de publicar na Rede o trailer da película en distintos formatos e resolucións, co que pretenden que os consumidores vexan a diferenza de calidade con respecto ós formatos actuais.

PUBLICIDADE